COMPATIBILIDADE SUBSTITUCIÓN TRABALLADORES OU TRABALLADORAS EN FORMACIÓN POR PERSOAS BENEFICIARIAS DE PRESTACIÓNS

Poderán acollerse a este programa todas as empresas, independentemente do tamaño do seu persoal, sempre que as accións de formación estean financiadas por calquera das Administracións Públicas.

A aplicación do programa será obrigatoria para as persoas traballadoras desempregadas beneficiarias de prestacións por desemprego.

As persoas desempregadas contratadas percibirán o 50% da prestación contributiva ou do subsidio por desemprego ao que teñan dereito, mentres estea vixente o contrato, e co límite máximo do dobre do tempo que quede por percibir da prestación ou do subsidio.