NOVOS PROXECTOS TERRITORIAIS PARA O REEQUILIBRIO E A EQUIDADE

A rápida transformación dixital da economía e a sociedade converteu ás competencias dixitais en ferramentas básicas para poder aproveitar as oportunidades que ofrecen: novas e accesibles formas de comunicación e de prestación de servizos, novos perfís profesionais e oportunidades de negocio para as empresas para dar resposta aos retos globais, novas posibilidades de acceso á información, aos servizos públicos e á actividade económica.

Compoñente 19

O investimento 3 "Competencias Dixitais para o Emprego" do Compoñente 19 "Plan Nacional de Capacidades Dixitais (dixital skills)",na que o Servizo Público de Emprego Estatal participa activamente como un dos órganos xestores, inclúe actuacións en materia de cualificación e recualificación dirixidas a persoas empregadas e desempregadas reforzando as actuais políticas activas de emprego, en concreto un conxunto de servizos e programas de orientación, emprego e formación para o emprego no ámbito laboral dirixidas a mellorar as posibilidades de acceso ao emprego, por conta allea ou propia, das persoas desempregadas, ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas e ao fomento do espírito empresarial e da economía social.

Contratación pública para o desenvolvemento do itinerario de "Alfabetización dixital para mulleres contratadas no marco do Plan de Fomento do Emprego Agrario (PROFEA)"

Contrato de servizo para a alfabetización dixital de persoas traballadoras contratadas no marco do Plan de Fomento do Emprego Agrario, PROFEA, no SEPE. Expediente: PA 3 / 22

Formación eLearning de persoas traballadoras autónomas e da Economía Social mediante plataforma tecnolóxica pública

Formación para a Transformación Dixital mediante convocatoria estatal de subvencións públicas

Documentación