TEÑO SUSPENDIDO O CONTRATO POR REGULACIÓN DE EMPREGO, PODO TRABALLAR NOUTRA EMPRESA?

Se ten suspendido o contrato por un expediente temporal de regulación de emprego (ERTE), pode realizar outra actividade laboral, tanto por conta allea como por conta propia. A suspensión da relación laboral suponlle a vostede e á empresa a liberación das obrigacións respectivas de traballar e remunerar o traballo.
No entanto, deberá comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal as colocacións que teña mentres percibe a prestación por desemprego, co fin de suspender a dita prestación.
No caso de que a súa colocación sexa a tempo parcial, poderá solicitar a compatibilización da prestación co contrato a tempo parcial, restándose da devandita prestación a parte proporcional á vez que traballe.

Pode comunicar a súa colocación ao Servizo Público de Emprego Estatal:

  • A través de Internet, en www.sepe.es (se dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal cl@ve).
  • Chamando ao teléfono de atención á cidadanía.
  • Na oficina de emprego do seu domicilio, previa petición de cita en www.sepe.es ou por teléfono .

Máis información en: “Afectoume un ERE ou un ERTE”.